O vestido novo da emperatriz
Resume da ponencia
Cuestións que queremos plantexar:
1. A ruptura xeracional
Constatamos que no feminismo produciuse un corte xeracional: hai un descoñecemento e unha falta de recoñecemento mutuos entre o feminismo xurdido nos anos setenta e o que está a aparecendo últimamente, vencellado a outros movimentos sociais. Este corte entre xeracións non consegue máis que facer máis feble o feminismo e empobrece-lo debate.
2. A institucionalización e o conservadurismo
Constatamos que o discurso e a práctica feministas que naceron hai anos como discurso e práctica revolucionarias e alternativas, hoxe en día en determinados ámbitos estanse a converter en institucionais, acomodadas, conservadoras e pouco reivindicativas. Hai un discurso teórico importante, pero este discurso non chega a cuestiona-lo sistema social, político e económico actual, senón que se adapta ó mesmo. Ademais, non se fai práctica deste discurso.
3. As trampas da diversidade e da experiencia propia
O movimento feminista seguiu un proceso de axeitamento da diversidade no seu seo, feito moi positivo e louvable. Nembargantes, ¿o movimento de mulleres pódese aplicar infinitamente?, se a apertura cara un lado comporta exclusións por outro, ¿que hai que priorizar? Outro rasgo fundamental do feminismo é o feito de partir da propia experiencia. Hai que ter en conta que a experiencia se constrúe socialmente e se xerarquiza segundo os valores interiorizados por cada persoa e a gratificación social que dela obtemos. Dado que ser lesbiana é unha estigma e que, polo tanto, a falta de autoestima en relación coa condición lesbiana é moi forte, a menudo vemos que dentro do movimento feminista as cuestións referentes ás lesbianas se obvian ou quedan relegadas a un segundo termo, incluso por parte de mulleres que teñen conciencia do seu lesbianismo.
4. Outra trampa: o asembelarismo e as relacións de poder
¿É certo que o xeito de organizarnos é realmente asemblearia, igualitaria e non xerarquizada? ¿Que fan coa autoridade as mulleres ás que se lles outorgou? ¿convírtena en poder? ¿son feministas as relacións de poder?
5. As relacións entre o feminismo e o lesbianismo
As lesbianas loitamos por dereitos ligados ás relacións heterosexuais, como é o caso do divorcio e do aborto. Se ben cremos que a reivindicación dos dereitos non é máis que un erro necesario, hoxe aínda temos que loitar pola equiparación legal das lesbianas coas heterosexuais. ¿Que papel xoga o feminismo nesta loita?
Grup de Lesbianes Feministes
2000